Sunday 28 de April de 2024

O Concello de Lousame amplía o horario de visitas ás minas de San Finx


O Concello de Lousame ampliará o horario de visitas ás minas de San Finx durante os próximos trinta días. Así, ata o vindeiro 15 de novembro as instalacións do museo estarán abertas ao público os mércores, xoves e venres, de 10:30 a 14:00 horas; e os sábados e domingos en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas.
Con esta ampliación de horarios, o Concello de Lousame quere facilitar a afluencia de visitantes aproveitando a incorporación dunha técnica de turismo. Así mesmo, manterase o horario de visitas guiadas programadas con antelación para grupos de máis de 10 persoas, que terán lugar de martes a domingo na hora que reserven as persoas interesadas. Os teléfonos de reservas son o 679 583 332 e o 981 820 494.